Saturday, June 5, 2010

Presentation of Anthology of Galician Literature 1196-1981

Today sees the presentation in Santiago de Compostela of the Anthology of Galician Literature 1196-1981 edited in Galician and English by Jonathan Dunne and published by Edicións Xerais de Galicia and Editorial Galaxia.

Since I cannot make the presentation, I would like to publish here the text I wrote in Galician for this occasion:

Como ocorre moitas veces, o corazón deste libro está nun apéndice. Se miran as páxinas 320 e 322, atoparán a lista de 55 xéneros, autores e libros que eu cría debían estar representados nunha antoloxía histórica da literatura galega. A maioría dos textos son do século XX: 31 fronte a 24 textos da época medieval, dos séculos XVI-XVIII e do Rexurdimento. Verán que inclúo textos da literatura de tradición oral, tan importante esta, e textos ensaísticos xunto con textos de poesía, ficción e teatro.

Elaborei esta lista en 1997, hai trece anos. Non sabía que o libro tardaría tanto tempo en facerse realidade. Decidín que para a selección dos propios textos, ¿que mellor que contar coa axuda de escritores e especialistas galegos? Por esta razón empecei a poñerme en contacto cos 55 antólogos para que escolmasen o seu anaco preferido de tal autor ou libro. A resposta foi entusiasta e xenerosa e o lado galego da antoloxía é unha reflexión histórica, feita dende dentro, sobre os textos cumios da literatura galega. Algúns dos antólogos xa faleceron: é o caso de José Ángel Valente, Antonio Fraguas Fraguas, Domingo García-Sabell, Manuel María, Antón Risco, Carlos Casares e Uxío Novoneyra. Pero alí están as súas escolmas.

Para a tradución para o inglés dos 55 textos fixen un esforzo por contar coa presenza de todos os que traballan neste momento no eido da tradución galego-inglés. Son 22 tradutores xunto co tradutor galego do meu limiar, o poeta Martín Veiga. Todos querían participar nun proxecto que ía axudar a espallar a cultura galega polo mundo.

Síntome orgulloso de ter participado con tanta xente nun proxecto destas características. Os libros sempre deben ir un pouco contra corrente. Non tiñan que existir, son instrumentos da fe. Amosan o lado bo do ser humano, a súa incansable fe e vontade de ser mellor.

Era hora de que Galicia tivese á súa disposición unha tradución literaria digna dalgúns dos seus autores máis importantes. A tradución é unha especie de exhalación, unha especie de morte continua. Non nos decatamos disto, pero somos todos tradutores, as cousas nin empezan nin terminan connosco, pasan a través de nós e saímos aprendendo.

Con este libro, estamos nas portas da literatura galega contemporánea e agardo que sexa posible, co mesmo equipo, sacar un segundo volume, unha antoloxía dedicada aos anos 1981-2011, que sería de moita utilidade para os editores estranxeiros interesados en publicaren a autores galegos. Reafirmo a miña disposición para este proxecto e dou as grazas aos editores aquí sentados: Manuel Bragado, de Edicións Xerais; Víctor Freixanes, de Editorial Galaxia, e o Conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña. Tamén á incomparable coordinadora de edición, co-autora deste libro, Anaír Rodríguez, e ao deseñador de cuberta, Miguel Vigo.

Agardo que este libro sirva de carta de presentación, xesto de benvida a todos, dentro e fóra do país, con interese na cultura galega.

Jonathan Dunne
Santiago de Compostela, 21 de maio de 2010

No comments:

Post a Comment